Ás veces choro
cando vexo un formigueiro
e miro pra o desfile das formigas
unha trás da outra,
volven, van, bica que bica
...e nunca esquencen de se amar nun bico.
E choro porque non atopo
un sinxelo amor feito dun beixo,
no que fundir eternidade e lúa
e facélo esi coma o desfile
das formigas baixo o sol de outono,
sin que poida dicir nunca
que foi aquil o derradeiro,
o derradeiro bico dun amore.
No hay comentarios:
Publicar un comentario